
Na nave a calma é o ruído máis grande que existe. Chega a doer. Pregúntome por que se nos quedan as cancións máis tontas. E como pode haber mares tan inmensos. Dende que estou só os xogos de astronautas tampouco teñen moito sentido. Escribo estas liñas para manter a cordura, para soster os fíos mentais, sen deixar que estes me estrangulen. O espacio é frío, dun frío que non podedes […]