Limpar o que queda, escoller o que xa foi, dunha forma ou doutra. Saber que a descripción que se fai no horizonte pode ser a biografía que nos reconstrúe. O último sprint, o salto que quede parado máis alá da soidade. Somos elementos de compañía, ata cando non a temos, poetizamos a inexistencia. Olvidar pode ser recordar con máis forza, recordar pode ser marxinar o importante. Coller a chispa e facer da maxia un vocabulario sinxelo. Elementos da tradición.