Hoxe é un día coma outro calquera para empezar algo. Din que cando algo empeza algo remata, e soa a canción de Jorge Drexler. Ás veces ata o olvido é un bo aliado, creo que nunca mellor que a memoria, pero todo a través do equilibrio parece un pouco mellor. Ata sendo malabaristas do presente. Picos das realidades dos outros, vértices por tanto da ciencia das emocións. Chamarlle nós soa ata valiente. Atreverse soa ata tópico. Falamos dos trópicos, dos polos que fan falta para que me deixes coa palabra nos ollos. E aquí ábrese unha relación aberta coa fantasía, coa imaxinación no día a día. Coa procura da literatura, se é que ela nós atopa a nós, que oxalá sexa así e teñamos esa inmensa sorte.