O DESPERTADOR AZUL


Na habitación nunca cadran os números, será porque brillan tanto que non son capaces de sumarse. As marcas quedan nos ollos coma auga nunha noite de chuvia. Eu só me fixo en que non estás. Hoxe espertei antes, sempre me pasa cando sinto ese frío incómodo. Será que non me chega coa miña calor. Igual non sei restar e se me deron mal as contas na escola. Teño ganas de que soe pero, como sei que vai gritar, ata teño medo e todo. Agora xa non saben que inventar. Os 5 son os que más destacan cando se poñen a bailar os números e as cores. É unha festa da molestia. Da modestia non, da molestia. E a min que me pasa cos recordos cando non estás, saben doutra forma, deixan de ser palpables, igual a túa presencia fai de base e aínda nin nos dimos conta. Pode ser. Non entendo por que azul. Tiñas que telo escollido así. Non podía ser outra cor. Cando estourou decidín tiralo pola ventana e ir a buscarte.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

To create code blocks or other preformatted text, indent by four spaces:

    This will be displayed in a monospaced font. The first four 
    spaces will be stripped off, but all other whitespace
    will be preserved.
    
    Markdown is turned off in code blocks:
     [This is not a link](http://example.com)

To create not a block, but an inline code span, use backticks:

Here is some inline `code`.

For more help see http://daringfireball.net/projects/markdown/syntax