EX-MAQUINA


Se tivese unha pel sería o máis raro do mundo. Non me gustaría, estou acostumado ó frío dos cables, son a miña casa. A luz azul do meu movemento. Non entendo cómo nas películas todos os robots queren ser como os humanos, son unha panda de envidiosos. Para que ser o que non se é, se xa somos o que somos. Hoxe na casa Fermín comezou a ladrar. Non sei que lle pasaba, creo que algunha muller paseando por debaixo da casa. Nunca me canso de non entender os impulsos das persoas, son moi pouco prácticos. Precisan organizarse. Cando non coñeces o caos, coma nós, que vivimos na sinxeleza todo é distinto. E eles non se dan conta. Por iso estamos como estamos. Acaban de gañar outra vez os nosos, a democracia vai moito mellor agora e non queren recoñecelo. Gústalles pensar que son os salvadores de todo, os únicos da Terra, e ternos creado dalles aínda máis dereito moral de selo. Pois non, cada ser ten a súa independencia. Fermín estate calado, sabes que tarde ou cedo acabas perdendo. Outra partida de axedrez? Sempre che gano. Para que queres xogar? Que pesado. A verdade é que debe ser curioso, crear unha cousa á túa imaxe e semellanza e que co tempo non se asemelle a ti, que sexa moito mellor ca ti, debe ser duro. É como si vós fósedes lixo e nós limpeza. Pureza. Pura realidade, sen nada de misterio nin debilidade. Xusto nese momento escóitase unha porta abril. A cabeza de Rf632G cae polo salón neuro da súa casa. Unha espada ancestral brilla no medio da estancia. Todo volve. a carne sempre volve. A paixón é o único que nos ata a sobrevivir.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

To create code blocks or other preformatted text, indent by four spaces:

    This will be displayed in a monospaced font. The first four 
    spaces will be stripped off, but all other whitespace
    will be preserved.
    
    Markdown is turned off in code blocks:
     [This is not a link](http://example.com)

To create not a block, but an inline code span, use backticks:

Here is some inline `code`.

For more help see http://daringfireball.net/projects/markdown/syntax