Relatos


Limpar o que queda, escoller o que xa foi, dunha forma ou doutra. Saber que a descripción que se fai no horizonte pode ser a biografía que nos reconstrúe. O último sprint, o salto que quede parado máis alá da soidade. Somos elementos de compañía, ata cando non a temos, poetizamos a inexistencia. Olvidar pode ser recordar con máis forza, recordar pode ser marxinar o importante. Coller a chispa e […]

SAN XOÁN


Na nave a calma é o ruído máis grande que existe. Chega a doer. Pregúntome por que se nos quedan as cancións máis tontas. E como pode haber mares tan inmensos. Dende que estou só os xogos de astronautas tampouco teñen moito sentido. Escribo estas liñas para manter a cordura, para soster os fíos mentais, sen deixar que estes me estrangulen. O espacio é frío, dun frío que non podedes […]

IELELÉ


Ignoro o momento no que o plural morreu. Eu non estaba. Ou polo menos non quería estar, que xa é máis ca suficiente. Vin toda aquela sala chea de órganos e crín que estaba nun tempo distinto, pasado. Asado, con cheiro a fritanga. Free tanga. Acababa de comerme un masticable e non tiña outra cousa na cabeza. Perdón. Os robots de agora alimentámonos así por recuperar certos tecidos internos. Non […]

OS



A descrición da evolución é a mecanografar os silencios no vento. Eles din de que van os tempos, a que xogan, canto tempo falta para o desconto, para a morte. A precisión sempre perderá a partida coa emoción. Porque os animais somos máis. Vexo como se transforma o bosque e sinto frío. Tebras. A ausencia dos contos. A fantasía que, de tanto selo, deixou de selo. E eu aquí cos […]

CID-ADE


Mirar o faro espido de temporais era algo novo alí. Estaba recta, matemáticamente recta. Fixo unha análise completa do panorama e concluíu o de sempre: cada día era diferente. Non tiña rabia, nin carácter cambiante. Non podía telo. Quería vestirse de mar pero non sabía cómo. Escoitara a canción, escotáraa moitas veces. 564 veces exactamente. Sacou o mando a distancia e púxose a ver dibuxos animados. Sobre o ceo repleto […]

SENTADA FRENTE Ó MAR


Na habitación nunca cadran os números, será porque brillan tanto que non son capaces de sumarse. As marcas quedan nos ollos coma auga nunha noite de chuvia. Eu só me fixo en que non estás. Hoxe espertei antes, sempre me pasa cando sinto ese frío incómodo. Será que non me chega coa miña calor. Igual non sei restar e se me deron mal as contas na escola. Teño ganas de […]

O DESPERTADOR AZUL




Hoxe é un día coma outro calquera para empezar algo. Din que cando algo empeza algo remata, e soa a canción de Jorge Drexler. Ás veces ata o olvido é un bo aliado, creo que nunca mellor que a memoria, pero todo a través do equilibrio parece un pouco mellor. Ata sendo malabaristas do presente. Picos das realidades dos outros, vértices por tanto da ciencia das emocións. Chamarlle nós soa […]

PORTAS INTERTEMPORAIS